Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras,SL.
Constituída en xaneiro de 1999 pola USC e o Concello de Santiago. É un instrumento de apoio á creación de empresas innovadoras que xorden da investigación e desenvolvemento tecnolóxicos da USC. É tamén a primeira experiencia desta natureza en España.
Uninova dispón dunha incubadora de empresas de base tecnolóxica que facilita ós emprendedores o arranque de iniciativas empresariais innovadoras (spin-off).
Uninova créase coa finalidade de aproveita-los resultados de investigación no entorno da USC, facilitando a conversión daqueles que sexan viables en proxectos empresariais. Contribuindo así á creación de riqueza e postos de traballo directos e indirectos.
|