versión en Español

versión en contraste negativo
Inicio  »  Unixest  »  Áreas de Unixest  »  Oficina de Congresos  »  Universidade Viva.



Universidade Viva.










Un Paseo pola Historia da Universidade

A través de Universidade Viva a Universidade de Santiago de Compostela quere unirse ás políticas de diversificación cultural da cidade mediante unha das súas accións máis representativas, a posta en valor do patrimonio.

Universidade Viva é un programa de visitas guiadas que mostran o máis representativo do patrimonio histórico universitario. A través dunha rota de hora e media de duración, os visitantes poden apreciar desde os salóns máis obres e significativos da historia da institución, pasando polas bibliotecas máis emblemáticas –Biblioteca América ou o Salón de Lecturas da Facultade de Xeografía e Hstoria -, percorrendo espacios de enorme carga simbólica coma son o caustro e interiores dos Pazos de Fonseca ou o Paraninfo da Universidade para terminar cunha subida á terraza da Facultade de Xeografía e Historia desde onde se pode contemplar unha das vistas máis espectaculares da cidade de Santiago. As visitas teñen ademais o valor engadido de ser dirixidas por investigadores de terceiro ciclo dos departamentos de Historia da Arte e Xeografía, dispostos a amosa-los tesouros tanto artísticos coma históricos que a centenaria institución garda e que sempre tiveron un papel fundamental na historia, a arte e o desenvolvemento socio-económico da cidade.

Dar un paseo pola historia da universidade, que é en fin a historia da cidade, e achegarse ó que desde hai séculos está baixo chave, son os alicientes principais desta visita.

Percorrido:
  • Praza de Fonseca
  • Colexio de Santiago Alfeo ou Fonseca (Fachada, Claustro e Biblioteca América)
  • Colexio de San Xerome (Fachada)
  • Praza de Mazarelos
  • Igresa da Universidad (Fachada)
  • Facultade de Xeografía e Historia (Paraninfo, Salón de lectura y Terraza)
  • Casa da balconada (Fachada)
  • Punto de encontro Claustro de Fonseca
    Duración da visita: 1 hora 30 minutos.
    Prezo: 7€ (prezos especiais para a comunidade universitaria, grupos, asociacións...)

    Horarios das Visitas:
     
    4 visitas diarias de luns a sábado

    10:00h
    12:00h
    16:30h
    18:30

    * Previa reserva e cun grupo mínimo de 15 persoas poden concertarse noutro horario.
    Información noutras linguas
    Para máis información e reservas:
     
    Dirección: Oficina de Congresos - Casa de Europa
    Rúa Salvadas s/n
    15705 Santiago de Compostela
    Teléfono: Tel. 1: +34 981 554 696
    Tel. 2: +34 981 555 268 (Unitenda)
    Enderezo electrónico: xestioneventos@usc.es
    Venta e recollida de entradas:
     
    Enderezo: UNITENDA
    Rúa Xelmirez 2, Praza de Praterías
    15705 Santiago de Compostela
    Teléfono: Tel. +34 981 555 268
    Fax: +34 981 554 748